Historia

O Club Deportivo, plenamente estruturado, xurde en 1993 coa inauguración das novas instalacións deportivas, que xiran o redor do polideportivo ideado por Paul Kleihues. Isto non significa que no centro non existiran antes actividades deportivas, incluso no marco das competicións federadas. Actividades que organizaba tanto o Departamento de Educación Física coma profesores con paixón polo deporte ou a vicedirección do Centro sobre todo no momento en que ocupan este posto Francisco López Piñeiro. En 1993, dotado o Centro de boas instalacións para a práctica deportiva, un grupo de pais, relacionados co mundo do deporte deciden crear un club deportivo que acolla aos alumnos que queiran participar en competicións federadas e non se sintan obrigados a acudir aos clubs deportivos existentes nos centros privados da cidade. Entre este grupo de pais encóntranse moitos dos que mantiveron ao longo do tempo a estrutura deportiva do Rosalía de Castro: Tonecho Lorenzo, Jose Caldas, Delmiro Prieto, Víctor Rodríguez, Pilar de la Fuente, Jose Caldas, Jorge Pérez, Eduardo Rodriguez, Pancho, Alfonso Paredes, Manel que xunto cos profesores do centro aunaron esforzos para poder ofertar aos nenos as mellores condicións para a práctica do deporte no Rosalía.

Todo isto era imposible sacalo adiante sen patrocinios e neste mesmo ano, xurde un grupo de empresarios ao redor da Directora da Escola Camilo José Cela do Clínico, Ruth Gómez, e o dono do Restaurante Alameda, Enrique Suárez Noche, que sería o primeiro Presidente do Club, e xunto con estas dúas persoas estaban Domingo Aller, José Otero, Segundo Rey, Santiago Seoane e Antonio Maroñas.

O Club comezou a medrar rapidamente e pronto os nenos que ata ese momento estaban practicando deporte federado en Centros privados co proxecto do Rosalía.

O Club inicia a súa andadura basicamente en dous deportes, o Baloncesto e o fútbol campo. Pouco a pouco incorpóranse novos patrocinadores, que serían claves no desenvolvemento do proxecto, cabe destacar a ULLA OIL que dende o primeiro momento involucraríasese e identificariase co proxecto de Centro. Quen lle diría a Jesús García Rendo e a Alejandro Martínez que co paso dos anos chegaríamos a antesala da A.C.B desde un Centro de Ensino.

As sección mais importantes do Clube son as de baloncesto e de fútbol, que iniciará a súa andadura ao carón da catedral, no campo de fútbol da San Martín Pinario, cedido amablemente ao Instituto polo arcebispado compostelán. Posteriormente contaríamos cunhas magníficas instalacións no Colexio Maior Xelmírez dos Irmáns Maristas en Vista Alegre. Un excelente regalo dun personaxe extraordinario, o irmán Marcelino, que se convertería xa ata a súa morte nun dos nosos principais protectores. Penso que é moi importante facer un recordatorio do PIO XII, este Centro que tamén ten o seu Club deportivo ademais de ser un Colexio adscrito o I.E.S. Rosalía tamén é un dos viveiros non soamente académico senón tamén deportivos do Rosalía. Estas converxencias foran claves no convenio de colaboración entre o Club Pio XII e o Rosalía , baseado en que os nenos xogarían nos equipos do Instituto e as nenas no do Colexio PIO XII.

A filosofía do Club é, desde o primeiro momento, o deporte base. Non podemos falar de Club deportivo sen falar do Instituto, dos pais e dos patrocinadores, eses tres pilares nos que o Instituto se cimenta. EDUCACIÓN, CULTURA e DEPORTE, son pilares claves para a formación integral dos nosos fillos e fillas.

Co paso do tempo, o Club vai centrándose mais no mundo do baloncesto, isto basicamente e debido a que o fútbol está moi enraizado nos diferentes barrios da nosa cidade, con proxectos de gran tradición e o Rosalía foi pouco a pouco orientándose no mundo da canastra. Pouco a pouco, e grazas ao traballo dos nenos e dos adestradores o proxecto Rosalía vai collendo peso no baloncesto galego proba diso é a participación tanto nas fases finais dos campionatos autonómicos como nas estatais e que os nosos nenos forman parte importante nas seleccións autonómicas galegas.

Este traballo na base e o crecemento deportivo de xogadores provoca que os nosos nenos necesiten ter unha referencia deportiva, unha ilusión e pouco a pouco aqueles nenos que chegaron ao club sendo infantís vanse asentando no equipo senior. Este equipo pouco a pouco vai queimando etapas, autonómico, nacional, E.B.A e a L.E.B. O Rosalía, ata a reaparición do Obradoiro, converteuse no máximo referente do baloncesto compostelán, competindo durante moito tempo na segunda categoría do basquet estatal. Ningún de nós podería pensar que un club de PATIO DE COLEXIO, podería competir con moitos clubs con estruturas A.C.B. Polo noso club pasaron xogadores de gran nivel, algúns quedaron afincados en compostela, Koke Rama, Fernando Vicario, Lolo Castro, Eduardo Lada, Camilo Ribeiro, Rogelio Legasa, entre outros e para outros foimos tamén un club que lles permitiu seguir formándose para dar el salto a la A.C.B ( David Doblas, Albert Fontet, David Navarro, Tom Wideman, Josh Asselin e Brad Oleson que quizá sexa o xogador mais importante dentro da curta historia do noso Club, xogador clave naquel equipo que dirixido por Félix Muñoz e César Iglesias, estivo preto de xogar o ascenso a A.C.B.

O Club organiza múltiples actividades relacionadas co deporte de base. En colaboración coa Federación Galega e Española de Baloncesto, organizanse cursos para adestradores e árbitros, así como diferentes clinics, organizáronse Campionatos autonómicos, estatais de clubs, das diferentes categorías, Campionatos de seleccións autonómicas (Moitos xogadores que agora están en A.C.B. xogaron nestes campionatos cadetes, exemplo Ricky Rubio), cun obxectivo claro, achegar o mellor deporte base do estado a nosa cidade, que servira de motivación para que os nenos/as de Santiago fixeran deporte. Estes eventos foran dinamizadores de outras actividades como os Campus de Basquet (con mais de 1000 participantes nas súas diferentes modalidades), Basquet na Escola (mais de sesenta colexios e institutos visitados), Campus itinerantes (realizáronse en mais de 20 concellos de Galicia) actividades que xorden dende o Rosalía e que sen a colaboración das Institucións e os patrocinadores serían impensables de realizar.

Finalmente a reaparición do Obradoiro e a crise económica que dificultaba enormemente os patrocinios deportivos obrigou ao Instituto, a través da Fundación Educación e Deporte a apostar soamente polos equipos base ( na actualidade case 300 nenos/as participan nos diferentes equipos e escolas que realiza o Rosalía tanto no propio Centro como en colaboración co Colexio López ferreiro e os concellos de Oroso e Teo onde temos escolas deportivas) e o fomento de actividades entre as que cabe destacar na actualidade o CAMPAMENTO URBÁN, que nos meses de veráns intenta dar unha oferta lúdica, deportiva, de idiomas nun marco de grande calidade.

Como podedes entender todo isto e ao longo de tanto tempo sería imposible sin a colaboración de moitas persoas, sería imposible recollelas e sempre podería quedar algunha no tinteiro, polo que soamente vou a citar a dúas persoas, unha no ámbito dos adestradores, Ángel Castro , xogador, adestrador e persoa clave en moitos momentos difíciles do día a día do club mantendo ilusión e ganas na cancha e por apoiar sempre as iniciativas que dende a directiva e o Instituto xurdiron e por outro lado Ubaldo Rueda, e que o “GRAN CULPABLE”, isto con todo o cariño do mundo, de que este PROXECTO ROSALÍA, Educación , Cultura e Deporte. Clave na formación integral das persoas, nacera, crecera e se asentara como referente de proxecto en todo o Estado.

Leave a Comment

(required)

(required)

Patrocinadores

22 a 29 de Julio de 2017

NATURBASKET